Membros do Equipo de Actividades Subacuáticas do Grupo Erpol da UPA de Santiago, en colaboración ca Subdirección Xeral de Gardacostas desenvolven este Operativo de localización e incautación de fondeos ilegais os cales contiñan Centola, a cal a día de hoxe encontrase en VEDA.
Realizando Inspeccións aleatorias por distintos lugares da costa Galega ante posible existencia de fondeos de marisco no leito mariño amarrados a mortos de anclaxe para dificultar a sua localización, trasládase ata a localidade de Oia (Pontevedra) compoñentes de Equipo de Actividades Subácuaticas do Grupo Erpol xunto con Gardacostas de Galicia da Xefatura de Vigo.
Unha vez no lugar realízase Inmersión Subacuática na ensenada que hai o carón do embarcadeiro de Oia, na que se localizan a uns 4 metros de profundidade 2 Xaulas metálicas de grandes dimensións depositadas no fondo mariño para dificultar a súa localización, as cales conteñen no seu interior Centolas vivas. Destacar a gran cantidade de centolas amoreadas no interior das xaulas (provocando a mortandade de algunha delas) e que moitas centolas Femias estaba en época de Cría (OVADAS).
Resaltar o grave perxuicio que xenera para a rexeneración da especie capturar femias ovadas.
Unha vez o marisco liberado desas xaulas e devolto o mar.
Este Operativo deu como resultado:
- Marisco Incautado: ( 57 pezas de centolas ). Ao redor de 60 Kg
- Embarcacións Inspeccionadas : 5
- Aparellos decomisados: 2 Xaulas.