Reunión de presentación ao delegado territorial Xunta do novo Xefe UPA A Coruña
08/08/2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, recibiu, esta mañá, ao novo inspector xefe da Unidade de Policía Adscrita (UPA) da Coruña, Alejandro Maceiras Bastida.

No encontro analizaron as consecuencias de que o Ministerio do Interior non aumente o número de efectivos da Unidade Policía Adscrita á Comunidade de Galicia (UPA), que reduciu o seu persoal nos últimos anos.

Neste sentido, o delegado da Xunta lembrou que para desempeñar as competencias con todas as garantías é necesario que o Ministerio de Interior reforce o persoal, en relación cos 500 postos do catálogo aprobado polo Ministerio e a Xunta de Galicia no seu día.  A UPA presenta na actualidade un gran déficit de funcionarios xa que das 500 prazas actualmente só hai cubertas 365.

Trenor lembrou que a cobertura destas prazas é unha reclamación insistente e constante do Goberno galego, xa que permitirían exercer plenamente e coa necesaria dotación as competencias que a Unidade ten asumidas en materias tan importantes como medio ambiente, incendios forestais, menores, violencia de xénero, patrimonio histórico e cultural, xogo, marisqueo ilegal ou urbanismo, entre outras.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook