09/03/2023

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita da Xefatura de Santiago de Compostela, en colaboración con axentes ambientais do distrito forestal IV-Barbanza da Consellería do Medio Rural, esclareceron un incendio forestal rexistrado o pasado 17 de febreiro no concello coruñés da Baña. O lume rexistrouse na parroquia de San Vicenzo e afectou 0,25 hectáreas.

A investigación puxo de manifesto que na zona se realizaran traballos de limpeza con rozadoira, colocación e pintado de marcos e localización de ramas usadas como batelumes. Tras confirmar coa persoa propietaria da parcela a execución de labores de limpeza e de queima de matogueira, comprobouse que o lume se debeu a que non se adoptaron as medidas de seguridade precisas.
 
A Unidade de Policía Adscrita remitiu as dilixencias por estes feitos ao Xulgado de Instrución de Garda de Negreira.
 
Trátase da quinta persoa investigada pola UPA na actual campaña como presunta autora de incendios forestais.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook