08/09/2023

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita en Ourense veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado venres, 1 de setembro, en Ribela, no concello ourensán de Coles. O lume afectou 0,11 hectáreas de superficie arborada.   
 
A investigación puxo de manifesto que o incendio foi provocado durante os traballos de realizados cunha amoladora no talude da vía férrea Monforte-Ourense, sen as debidas medidas de seguridade necesarias á hora de levar a cabo labores con ferramentas non forestais que poidan ocasionar chispas nesta época do ano de risco.  
 
Na extinción do lume participaron 3 axentes, 4 brigadas, 2 motobombas, 1 helicóptero e 2 avionetas. 
 
A UPA remitiu as dilixencias por estes feitos ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ourense. No que vai de ano, leva  investigadas 20 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.
 
A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
 

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook