12/04/2022
Axentes da UPA de Ourense en colaboración esclareceron un incendio forestal ocorrido o pasado día 5 de abril, en Covelo-Quins, no concello de Melón.
O incendio, que afectou a cerca de 1.000 metros cadrados de raso, foi orixinado por mor do escape dunha queima, sen a salvagarda das debidas medidas de seguridade necesarias á hora de realizar a queima.
O lume foi extinguido polos medios da Xunta de Galicia, actuando un Axente forestal e unha motobomba.
As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia.