03/09/2022

O pasado día 03 de setembro celebrouse  a “I Xornada de Portas Abertas en Emerxencias e Seguridade”,  na Casa Común de Oza no Concello de Teo, onde realizáronse diferentes actividades como charlas, simulacros e diferentes talleres de supervivencia marítima, loita contra incendios domésticos, así como a súa prevención, formación básica en primeiros auxilios, manobras.

Organizado polo concello de Teo en colaboración con Fuego y Mar Formación, así como distintas entidades e organismos que se dedican ás emerxencias, urxencias e a seguridade pública entre as que estaban (Policía Local Teo, Salvamento Marítimo, Protección Civil Vilagarcía de Arousa, Protección Civil de Teo, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oroso, Ucar Oroso, A Central de Coordinación 061 Galicia e a UPA Galicia).

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook