rescate curuxa ferida, rescate lechuza herida
27/01/2022

No día de onte, mércores 27 do mes e ano en curso, integrantes do Grupo de Investigación desta Xefatura da UPA, recolleron unha curuxa ferida. 
Os feitos aconteceron na parroquia de Marrozos, concello de Santiago de Compostela, sobre as 07.30 horas da mañá, a requirimento dun cidadán que foi testemuña de como o animal impactaba contra a lona dun camión, sinalando a zona onde se agochaba. 
A patrulla actuante tras localizala e realizarlle os primeiros auxilios, transportouna a un lugar seguro, pois o lugar do accidente está próximo a unha estrada cun gran volume de tráfico. Para o traslado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros, contouse coa colaboración dos Axentes Facultativos Medioambientais do Distrito III.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook