05/03/2021

Axentes da UPA Vigo, en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia e co Servizo de Vixilancia Pesqueira da Confraría "La Anunciada de Baiona", realizaron senllos dispositivos de control do furtivismo nos portos de Baiona e Oia, onde comisaron 63 quilos de mero e preto de 30 quilos de percebe. Onde foron identificadas 5 persoas e impostas 2 actas de infracción.

O primeiro operativo se iniciou nas inmediacións do porto deportivo de Baiona, onde se fai o seguimento a unha embarcación de recreo que atraca no “pantalán” surtidor de combustible. A continuación os tripulantes cargan unha gran neveira nunha furgoneta, iniciando a súa marcha. Os policías actuantes, tras interceptala, proceden á súa inspección, comisando 63,6 quilos de chernas (meros), levantando 1 acta de infracción á Lei de Pesca de Galicia.

O segundo dos operativos tivo lugar nas inmediacións da zona da Costadiza, no concello de Oia, se observa a dúas persoas extraer percebe ilegalmente en zona vedada. Unha vez interceptadas e identificadas como furtivos habituais, se procede ao rastrexo nas inmediacións localizando 4 salabardos cun total de 29,9 quilos de percebes dos cales un terzo non alcanzaba a talla mínima establecida. Do actuado tramítanse 1 acta de infracción.

Tanto o peixe como o marisco comisado foi entregado no Cuartel da Garda Civil de Baiona para repartir en centros benéficos.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook