02/02/2022

O día 01 do mes de febreiro, funcionarios da UPA Vigo, foron requeridos pola Policía Nacional para colaborar na inspección dun vehículo sospeitoso de portar no seu interior percebes sen a autorización perceptiva. Unha vez no  lugar situado na rúa Buenos Aires da cidade, e tras preguntar o conductor do vehículo sobre a procedencia do marisco, éste non aporta nin factura nin etiqueta de trazabilidade para as tres caixas de percebes que leva no maleteiro.

Por este motivo se procede a levantar acta de denuncia e incautar o material, que unha vez pesado ascende a 38 quilos, os cales son repartidos en centros benéficos do Concello de Vigo.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook