Memoria da UPA 2016
Con esta memoria a UPA pretende dar a coñecer a outras institucións e, en xeral, á sociedade galega as principais actuacións desenvolvidas ao longo do ano 2016, así como facer un resumo da estrutura da unidade policial, dos seus recursos humanos e materiais e do marco normativo no que se encadran as súas funcións.
A finalidade deste documento non se esgota en dar conta das actuacións realizadas pola UPA no ano 2016, tamén recolle os indicadores que permiten avaliar os distintos servizos prestados e o grao de cumprimento dos seus obxectivos, pretendendo converterse nun instrumento que afonde na calidade dos servizos da UPA e nos resultados acadados, así como avanzar nos obxectivos establecidos para o ano 2017.