O director xeral de Emerxencias e Interior visita aos participantes dun dos cursos de formación para axentes da UPA
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos participantes do curso de Instrucción Táctica Sanitaria para axentes da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) que se está a desenvolver nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública no marco do plan de formación continua da Academia.