Memoria UPA 2024

Con esta memoria a UPA pretende dar a coñecer a outras institucións e, en xeral, á sociedade galega as principais actuacións desenvolvidas ao longo do ano 2024, así como facer un resumo da estrutura da unidade policial, dos seus recursos humanos e materiais e do marco normativo no que se encadran.

Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia

O Real decreto 221/1991, do 22 de febreiro, regulou a organización de Unidades da Policía Nacional adscritas ás comunidades autónomas e establece as peculiaridades do réxime estatutario do seu persoal.

Na súa virtude, o 22 de outubro de 1990 instrumentouse o acordo administrativo de colaboración entre o Ministerio do Interior e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia policial, adscribíndose unha Unidade da Policía Nacional, por Orde do Ministerio do Interior, do 19 de xuño de 1991.

Competencias e funcións

A Lei Orgánica 2/1986 de Forzas e Corpos de Seguridade dispón o marco competencial que corresponde ás Comunidades Autónomas respecto das súas Policías.

No seu artigo 38 recolle que as Comunidades Autónomas en cuxos estatutos estea previsto crear Corpos de Policía para o exercicio de funcións de vixilancia e protección, ás que se refire o artigo 148.1.22ª da Constitución e as demais que lle atribúe a presente lei, poderán exercer con carácter de propias as seguintes funcións:

Seguridade e protección

Dentro das tarefas de calquera tipo de policía sempre haberá un apartado dedicado á seguridade e á prevención. Como non podía ser doutro xeito, esta Unidade Policial ten unha especial dedicación a esta función, xa sexa no carácter estático como no dinámico.

Con un Centro de Mando Integrado situado na sede da Xefatura da UPA en Santiago de Compostela, realÍzanse as tarefas de coordinación operativa de toda a unidade e as de coordinación das comunicacións co exterior.

Medio Ambiente

A loita contra os incendios forestais, o furtivismo e marisqueo ilegal e a protección do medio ambiente foron os tres piares que se intentaron manter cun alto grao de atención e de eficacia na resposta por parte do persoal da Unidade, sen descoidar a seguridade e protección de edificios e persoas, o patrimonio histórico e cultural.

Violencia de xénero

Desde setembro de 2016 a UPA faise cargo da protección das vítimas de violencia de xénero asignadas ás comisarías da Policía Nacional de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

En cada ocasión na que se ten coñecemento de algún suceso relacionado con violencia de xénero, ponse en marcha a maquinaria policial, mediante a:

Menores

A protección aos/ás menores é unha das actividades principais da Unidade.

En cada unha das sedes constitúense, a tal efecto, grupos especializados que, en coordinación coa xefatura en Santiago, levan a cabo diversos traballos relacionados con menores e familia.

Equipo de Resposta Policial

O Equipo de Resposta Policial (ERPOL) é un equipo multidisciplinar que posibilita a actuación inmediata da UPA ante calquera situación de conflitividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que requira dunha pronta resposta policial.

Todos os membros da ERPOL están formados para poder resolver con éxito situacions de salvamento e rescate acuático, rescate profesional en altura, control e seguridade en aglomeracions ou situacions de emerxencias, con varias intervencións salientables nesta materia.