Xestión
Na Secretaría Xeral da UPA e nas respectivas xefaturas provinciais e local realízanse actividades que son propias na xestión de recursos tanto humanos como materiais, que permiten o correcto funcionamento e a eficaz prestación do servizo por parte dos funcionarios.
A Secretaría Xeral ten unha importante interacción co resto das seccións, xa que a través desta se canaliza e avalía a información que manexa a UPA e, á súa vez, se nutre da información xerada nas seccións para a realización das estatísticas, entre outras cuestións.