A Unidade de Policía Adscrita participa na "I Xornada de confraternidade da seguridade e emerxencias da comarca do Barbanza", na Pobra do Caramiñal

O pasado día 01 de xuño celebrouse a “I Xornada de confraternidade da seguridade e emerxencias da comarca do Barbanza”,  no Concello da Pobra do Caramiñal, onde realizouse a exposición de materiais e recursos dos diferentes colectivos de emerxencias e seguridade que interveñen na vila e no resto da comarca do Barbanzana.

A mostra, dirixida ao alumnado dos centros educativos da zona, enmárcase na I Xornada de Confraternidade de Seguridade e Emerxencias da Comarca do Barbanza, organizada polo Concello e a Mancomunidade Barbanza Arousa.

A Unidade de Policía Adscrita levanta tres actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado no festival O Son do Camiño

O levantamento foi a postos ambulantes localizados nas proximidades do evento que carecían de cartel informativo da prohibición de venda e subministración de alcohol a menores, así como de licenza municipal de actividade

Os axentes identificaron tamén 140 menores de idade

A Unidade de Mergullo de Ferrol da Armada e mergulladores da Unidade da Policía Nacional Adscrita a Galicia  implementan os seus coñecementos en salvamento e rescate submarino.

Durante os días 3 ao 7 de xullo, persoal da Unidade de Mergullo de Ferrol (UBUFER), con base na Estación Naval da Graña xunto co Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) da Unidade de Policía Nacional adscrita de Galicia (UPA) realizaron o “Curso de Mergullador de Rescate ERDI Diver Technician, e Erdi Full Face Mask Technician, baixo Estándares Internacionais de Mergullo de Resposta de Emerxencia E.R.D.I”, (Emergency Response Diving International) nas instalacións da UBUFER, impartido por un técnico da empresa PRODITEC.

A Unidade de Buceo da Armada de Ferrol (UBUFER) e o Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) da Unidade da Policía Nacional adscrita a Galicia colaboran na campaña subacuática no pecio do Galeón San Giacomo di Galizia en Ribadeo

Durante o pasado mes de xuño a Xunta de Galicia puxo en marcha a quinta campaña arqueolóxica no pecio do Galeón San Giacomo di Galizia, en Ribadeo, despois das que levaron a cabo nos anos 2018, 2019, 2020 e 2022.

A Unidade de Mergullo da Armada de Ferrol (Ubufer) e o Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (Goas) da Unidade da Policía Nacional adscrita a Galicia continúan na liña de colaboración conxunta que ambas unidades veñen desenvolvendo nas intervencións de seguridade no ámbito do Patrimonio Arqueolóxico Mergullado (PAS).