A UPA localiza en Carballo outro depósito clandestino con vehículos para despece
- A nave industrial e a nova finca localizadas súmanse ás tres parcelas identificadas o pasado abril con máis dun milleiro de vehículos fóra de uso
- Os axentes denunciaron infraccións polo deficiente almacenamento de residuos e sen respectar a normativa sobre a reciclaxe dos residuos perigosos
- O Servizo de Intervención Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborou nas inspeccións para determinar o alcance da contaminación e se existe delito contra os recursos naturais