A Unidade de Policía Adscrita de Lugo levanta oito actas de Infracción no marco dun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade realizado en Ribadeo
• A actuación realizouse a pasada fin de semana en colaboración coa Policía Local
• O operativo tivo como resultado seis denuncias por incumprimento da normativa en actividades de prevención de consumo de sustancias prohibidas a menores de idade, e consumo de alcohol por parte dos mesmos.
• Outras dúas denuncias realizáronse por infracción da lei de protección da seguridade cidadá, por tenencia de sustancias estupefacientes na vía pública