A Unidade de Policía Adscrita de Galicia recupera 15 pezas metálicas de elevado valor arqueolóxico no marco da Operación Bronce

Os axentes identificaron a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra o patrimonio histórico e outro de apropiación indebida

As pezas foron requisadas para a súa preservación e estudo e quedaron depositadas nun museo

A investigación continúa aberta e a UPA tenta descubrir a procedencia do material e se hai máis persoas implicadas

A Axencia Galega de Seguridade Publica (Agasp) aborda a intervención xurisdicional con menores

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, xunto o Comisario, Jorge Rubal Pena, Xefe da Unidade de Policía Adscrita de Galicia, participaron hoxe na apertura da Xornada sobre a intervención xurisdiccional con menores desenvolvida na Academia Galega de Seguridade Pública. No encontro interveñen o fiscal de Menores de Galicia, José Manuel Ucha, a maxistrada do Xulgado do Penal número catro de Pontevedra, Belén Rubido, e o doutor en Psicoloxía e director de Urrainfancia Javier Urra, quen fora o primeiro Defensor do Menor.

Entrega de dous esmeriles de bronce ao servizo de arqueoloxía da Xunta de Galicia para a súa restauración.

O pasado 18 de abril realizouse a entrega oficial por parte do Mando de Acción Marítima de Ferrol da Armada, ao Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia, dos 2 esmeriles de bronce e 3 cargadores de alcuza, para a súa restauración, que fosen recuperados por un Equipo Operativo de Mergullo formado por:
- A Unidade de Mergullo de Ferrol da Armada (UBUFER)
- O Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) da Unidade de Policía Adscrita de Galicia
- O Servizo de patrimonio Arqueolóxico da Xunta de Galicia
No que tamén participo Gardacostas de Galicia.

A UPA Lugo levanta 7 actas de infracción no marco dun dispositivo de control de consumo de alcohol por menores de idade realizado en Lugo

— A actuación realizouse o 14 de maio no barrio da Piringalla
— O incumprimento da normativa motivou tres denuncias a menores de idade por consumo de alcol e outras catro por consumo de estupefacientes, dúas delas a menores

Colaboración de mergulladores da Unidade de Policía Adscrita de Galicia, coa Comisaría de Policía Nacional de Ribeira na recuperación de arma de fogo no porto de Ribeira

Na madrugada do pasado domingo 21 de maio, na localidade de Ribeira, iniciouse un altercado entre varios individuos, que derivou nunha tentativa de homicidio e onde se fixo uso dun arma de fogo.

Polas xestións da investigación e realizadas pola Comisaría Local de Policía Nacional de Ribeira, tiveron constancia de que a arma empregada na agresión, podería atoparse en augas do interior da dársena do porto desa localidade.