Detidos/ Investigados como presuntos autores de delitos contra a Protección da Flora e Fauna, Falsidade Documental e Fraude de subministro de Fluído Eléctrico.

Axentes do Equipo de Resposta Policial (ERPOL) desta Xefatura da UPA en Santiago de Compostela, en colaboración con membros do servizo da Subdirección Xeral de Gardacostas, desenrolan unha operación denominada “SALITRE”, para a investigación dun presunto delito contra a Protección da Flora e Fauna, iniciado no pasado mes de xaneiro, na zona de Ferrol.

Esclarecido incendio Forestal no concello de Santiago de Compostela

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios desta Xefatura da UPA, informa que a tormenta eléctrica que se produciu na noite do día 14 de xullo, provocou un incendio forestal que calcinou 4200 metros cadrados de monte na parroquia da Peregrina, neste concello de Santiago.

O lume provocouse cando un raio descargou a enerxía nun eucalipto próximo ao gaseoducto que une a planta de REGANOSA (A Coruña) e a localidade de Tui. A descarga realizou unha fisura pola que se fugaba o gas, que ao inflamarse produciu lapas de ata dez metros e 800 ºC.

A UPA e a UIFO Identifican a un responsable dun incendio intencionado provocado cun chisqueiro no concello de Santiago de Compostela

- Os axentes da UPA identificaron a un dos dous presuntos autores e determinaron que o lume se orixinou de forma intencionada cun chisqueiro
- Na investigación tamén colaboraron a Policía Nacional e axentes ambientais do Distrito Forestal III de Ordes
- No que vai de ano, a UPA leva investigadas 37 persoas como presuntas autoras de incendios forestais